lunes, 23 de febrero de 2015

Óscars 2015

fragmento de película
Máis alá da gala, a alfombra vermella, os flashes e os premios, a última gala dos Óscar nos deixa títulos, temáticas e historias que seguro son interesantes para moitas persoas da nosa comunidade educativa.

Birdman, Óscar á mellor película e ao mellor director (Alejandro G. Iñárritu) nos permite acompañar ao seu protagonista (Michael Keaton) na procura dunha carreira profesional, dunha familia e dun si mesmo perdidos. De seguro unha personaxe que nos dará moito que falar pola loita permanente que manten co seu ego e que constitúe o fío condutor da película.

Eddie Redmayne recibíu o Óscar á mellor interpretación masculina polo seu papel en La teoría del todo, na que da vida ao científico Stephen Hawking, sen dúbida unha historia vital fascinante e un exemplo de como as barreiras poden ser franqueadas. Para ver.

Tamén nos vai interesar Sempre Alice  na que Julianne Moore -Óscar á mellor actriz- da vida a unha lingüista afectada polo Alzheimer.


Finalmente, mencionar tamén Boyhood que, ademáis dos seus valores cinematográficos, nos achega dun xeito case que documental ao transcurso da vida real dun neno ao longo de 12 anos.


Que as disfrutedes!!