Estreamos taboleiro de novidades!!!

Este curso as novidades chegadas á biblioteca serán amosadas nun taboleiro creado coa ferramenta Pinterest. Visita frecuentemente a sección de novidades se queres estar ó día do que se vai sumando ó noso catálogo.
Recorda que podes achegarnos as túas suxestións a través do buzón que hai na entrada da biblioteca ou enviando as túas propostas  ó noso correo electrónico biblioteca.cifpanxelcasal@gmail.com
Entre as últimas adquisicións figura a obra "Todos deberíamos ser feministas" proposta polas alumnas Sarai Crespo e Rebeca González. Moitas grazas ás dúas pola súa achega!.