miércoles, 14 de septiembre de 2016

Comenzamos polo importante... Toda unha vida por ler!!!

Non podería ser doutro xeito... comenzamos un novo curso dando unha agarimosa benvida a un grupiño de socios e socias de honra: Sidre, Sergio, Victoria e Sabela.


Sidre é o fillo da nosa compañeira Ana de La iglesia. É o xoguete preferido dos seus irmáns Teo e Greta. Os tres son a garantía dun tempo cheo de entretementos para os seus pais! Sergio é o fillo da nosa compañeira Marlene e supón a súa estrea na maternidade, polo sorriso de ambos semella que a experiencia resulta un éxito!

Victoria é a filla da nosa compañeira Sandra. Ten unha mirada alegre coa que gosta de descubrir cada recuncho do noso centro, aínda que a súa especialidade semella ser a de contaxiarlle a alegría á súa nai.
Sabela é a filla do noso compañeiro Antonio Rondán. De momento é a máis pequeniña das nosas socias de honra, pero... axiña medrará da man do seu irmán Iago, co que compartirá unha chea de cantos e de contos!