sábado, 27 de enero de 2018

TEMPOS PARA CONTAR, xornada formativa para o alumnado voluntario de biblioteca


O xoves 25 de xaneiro tivemos a primeira xornada formativa para o grupo de voluntarios/as da nosa biblioteca. Queremos agradecer moi especialmente a Ana (Mayores SL), Iván (Mayores SL), Diego (Hogar Sor Eusebia) , Niceto (UTACA), Patricia (compañeira do noso centro educativo)e Cecilia (mestra de educación infantil con gran experiencia no mundo do teatro e no ensino da arte dramática) todo o compartido con nós na xornada de onte á tarde. Tamén queremos agradecer moi, moi especialmente a presenza e a implicación do noso grupo de voluntarios/as, sen elas e eles nada de isto podería ser posible, agardamos seguir compartindo con vós Tempos para Contar...