Feliz tempo de xubilación!!!

Neste curso inauguramos unha nova versión do noso programa "Toda unha vida por ler". Ademáis de dar a benvida ó mundo ás novas e novos membros da nosa comunidade educativa, imos usalo tamén para desexar a mellor boasaída cara a tempos novos, cheos de momentos que agardamos sexan ben felices!!!
Inauguramos esta modalidade de uso aló no mes de outubro, coa xubilación da nosa compañeira Carmen García Paz. Pechamos este curso tan difícil para todas e todos nós, invitando a festexar a chegada dun novo tempo para Olga Regueira e para Mª josé Abeledo.