Un novo curso... algunhas adaptacións... e moitas novidades agardando ser compartidas!


Benvidas e benvidos á biblioteca!

Comenzamos un novo curso marcado pola necesidade de adaptarnos a outras formas de relación...

O noso espazo está preparado para recibirte. Intentaremos atopar xeitos de seguir a ofrecerte ocasións para o encontro...

Recorda manter as distancias de seguridade fóra e dentro da sala. Ten conta das indicacións  que atoparás no espazo, e non dubides en dirixirte ó profesorado de garda se non sabes como proceder.

Consulta o protocolo de uso da biblioteca e o protocolo de préstamo para estar ó tanto das adaptacións realizadas.

Recorda que tivemos que mudar o noso horario. Mentres se manteña a situación actual, poderás atoparnos  nas seguintes franxas horarias: 

- Mañás: de 9:30 a 14 horas.

- Tardes: de 17 a 20.30 de luns a xoves e de 17 a 19:30 os venres.

Para axudarte na procura dos fondos, elaboramos unha "Guía rápida para a búsqueda no catálogo da biblioteca" e outra para "Buscar facendo uso da CDU ou das materias"

Unha vez que teñas claro o que queres levar en préstamo... cubre o  "Formulario para a solicitude de préstamo", intentaremos atender a túa petición o antes posible pero... xa sabes... estes son tempos de cultivar a paciencia.

Desexamos que teñas o mellor curso posible, que atopes motivos para compartir e para participar, ainda que sexa doutro xeito... e que pronto poidamos recuperar a distancia curta!!!