A biblioteca do noso centro comezou a súa andadura no ano 1982... Naceu co nome de “Biblioteca Uxío Novoneyra”. O seu afianzamento tivo lugar a partir do curso 1999_2000, especialmente grazas á continuidade nas súas funcións da profesora encargada da mesma e dun pequeno grupo de profesorado colaborador.
No ano 2003, acadou o Primeiro Premio no “Concurso Nacional de Ideas para a Mellora e Innovación das Bibliotecas Escolares” e transformou o seu espazo no lugar que xa levaba tempo imaxinando: un lugar para ler, para aprender, para estar e para compartir.
En xunio de 2020, co permiso e a complicidade de Uxío Novoneyra e do Claustro do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto, a nosa biblioteca pasou a ser recoñecida polo seu nome propio, polo nome que lle é de seu: Biblioteca Carmen Loriga Tomé
Consulta aquí os "Fondos dispoñibles na nosa biblioteca"
Podes realizar a túa solicitude de préstamo de xeito presencial no noso horario habitual. Tamén podes facer uso do noso "Formulario para a solicitude de préstamo de fondos"
Para afacerte co funcionamento do buscador podes consultar a "Guía rápida de búsquedas no catálogo"
Horario de apertura:
De luns a venres de 8:30 a 15:00 e de 16:00 a 21:30, agás os venres que pechamos ás 20:30
(*mentres dure a situación de alarma sanitaria o noso horario será o seguinte: de luns a venres de 9:30 a 15:00 e de 16:00 a 21:30, agás os venres que pecharemos ás 20:30)
Adaptación ó contexto da Covid19
Outros documentos de interese