Consulta aquí as nosas guías TIC!
Plataforma para a creación de blogs na que poderás escribir textos ou posts sobre temas do teu interese. Para darlle dinamismo engade imaxes, vídeos, ligazóns ... conéctao coas túas redes sociais!
![](https://1.bp.blogspot.com/-yWHAuPjtdmk/YDoodnBABPI/AAAAAAAADdM/NkTixWvnrv8pseSweFgFoRAvitkBMh0jwCLcBGAsYHQ/w97-h49/canva.png)
Programa de deseño gráfico que permite facer, trípticos,posters, tarxetas, logotipos, invitacións e unha chea de cousas máis!
Xestor de enlaces online que permite almacenar, clasificar e compartir enderezos web, pdf, imaxes e notas. Con diigo serás quen de elaborar listas de enlaces de xeito individual ou colaborativo(coas aportacións dun grupo) e de compartilas con quen desexes.
![](https://1.bp.blogspot.com/-YjlsXxsZH5I/YDowpIsJXbI/AAAAAAAADd8/qCOurS2KBkgLoOdp59JlO3iQY_MsyqPTQCLcBGAsYHQ/w96-h50/Moovly-logo-intercom.png)
Ferramenta para realizar vídeos animados. Presenta versión gratuita na que será posible engadir ata 20 elementos e non superar os 100 MB. É posible descargalos e compartilos.
![](https://1.bp.blogspot.com/-FCHXOr4pdEU/YDo3bBBeNoI/AAAAAAAADeU/XTHYOyr6mC0eK8BvajerLTVVae-AeenkgCLcBGAsYHQ/w99-h28/Piktochart.png)
Ferramenta que permite crear infografías ou posters dun xeito moi sinxelo. Unha infografía é unha forma visual de ofrecer unha información, presenta os datos explicados a través de gráficos, viñetas ou imaxes doadas de asimilar.
![](https://1.bp.blogspot.com/-DN5A_iikL20/YDo1r8uOCpI/AAAAAAAADeM/5Ypli74OoKYyPflB94L-gTStCTROj6NigCLcBGAsYHQ/w85-h66/pinterest.png)
Rede social que permite a creación de taboleiros persoais e temáticos de imaxes e vídeos, acompañados dunha pequeña referencia, descrición, opinión... Podo engadir un “pin” desde a rede ou desde o meu equipo.