Os usuarios e usuarias de bibliotecas municipais do concello de A Coruña que teñen a tarxeta Millenium teñen que ter en conta as seguintes cuestións para rexistrarse en Galicia Le , a plataforma de préstamo de libro electrónico das bibliotecas públicas de Galicia.
A tarxeta Milleniun nos permite empregar o servizo de préstamo nas
bibliotecas municipais de A Coruña porque leva asociado un número de
persoa usuaria da biblioteca (distinto do nº da tarxeta).
Este número de usuario ou usuaria se facilita ao darse de alta
nalgunha das bibliotecas municipais. Ás veces mesmo pode vir anotado no
reverso da tarxeta.
En calquera caso, se non se dispón deste número tan so hai que
chamar á biblioteca na que nos demos de alta e nolo facilitarán. Este número de usuario ou usuaria de biblioteca é o que hai que empregar para rexistrarse en Galicia Le fixándose ben en que escollemos a biblioteca na que nos demos de alta.
Importante:
este procedemento serve para as persoas que estaban dadas de alta como
usuarias dalgunha biblioteca municipal antes de outubro de 2014; as
persoas que se deron de alta con posterioridade a esta data teñen que
pasar pola biblioteca municipal para tramitar o rexistro en Galicia Le.
Para calquera dúbida se pode contactar con nós a través do enderezo biblioteca.cifpanxelcasal@gmail.com