Inauguramos un novo programa que nos permite celebrar a vida e dar a benvida a novos e novas socias moi, moi especiais... son lectores que encherán o noso espazo a través dos seus pais e das súas nais, as traballadoras e traballadores do noso centro!!!
Toda unha vida por ler é unha invitación a desfrutar da maternidade e da paternidade, a acompañala de cantos e contos, cada noite e cada día. Cada nacemento será celebrado cunha tarxeta de benvida personalizada e un libro que pon en valor o feito de ser pai ou nai.
A nosa primeira benvida especial é para Miriam, a filla da nosa compañeira Mirian Álvarez. Agardamos que Miriam teña unha chea de días e noites nos que medrar, aprender, compartir, descubrir. e, por suposto, ler.