Comenzamos un novo curso marcado pola necesidade de adaptarnos a outras formas de relación...
O noso espazo está preparado para recibirte. Intentaremos atopar xeitos de seguir a ofrecerte ocasións para o encontro...
Recorda manter as distancias de seguridade fóra e dentro da sala. Ten conta das indicacións que atoparás no espazo, e non dubides en dirixirte ó profesorado de garda se non sabes como proceder.
Consulta o protocolo de uso da biblioteca e o protocolo de préstamo para estar ó tanto das adaptacións realizadas.
Recorda que tivemos que mudar o noso horario. Mentres se manteña a situación actual, poderás atoparnos nas seguintes franxas horarias:
- Mañás: de 9:30 a 14 horas.
- Tardes: de 17 a 20.30 de luns a xoves e de 17 a 19:30 os venres.
Para axudarte na procura dos fondos, elaboramos unha "Guía rápida para a búsqueda no catálogo da biblioteca" e outra para "Buscar facendo uso da CDU ou das materias".
Unha vez que teñas claro o que queres levar en préstamo... cubre o "Formulario para a solicitude de préstamo", intentaremos atender a túa petición o antes posible pero... xa sabes... estes son tempos de cultivar a paciencia.
Desexamos que teñas o mellor curso posible, que atopes motivos para compartir e para participar, ainda que sexa doutro xeito... e que pronto poidamos recuperar a distancia curta!!!