Boa tarde a todas e todos: agora que parece que vai chegar o ansiado verán
... desde a biblioteca invitamos á nosa
comunidade educativa a ir “Na procura
dun lugar”. Agardamos que sexa exactamente o lugar no que desexedes estar …
e, sobre todo, que o desfrutedes !!!
Queremos pechar o curso celebrando … sempre debe haber algo que celebrar …
Imos comezar por celebrar que neste ano, as nosas compañeiras Eva Varela e
María Bao, recibiron aos seus fillos … Eva, estreouse na maternidade con Artai,
e María, desfruta co seu segundo fillo,
Martiño.
Imos continuar por desexarlles a Susana e a Benedito un feliz cambio de
tempo … desfrutade da vosa xubilación … sempre é emocionante estrear!
E por último, imos celebrar que, especialmente nos tempos difíciles,
poidamos ter en quen apoiarnos … grazas por ternos axudado a coidar das raíces …
PD: Hai unhas pegatinas moi estupendas elaboradas … chegarán ao centro
posiblemente mañá e … aparecerán un destes días nos vosos casilleiros ou nas vosas
mesas de traballo … non deu tempo a máis... Unha comunidade educativa que é
quen de facer voar tantas grúas ben merece un agasallo (podedes velas na imaxe
adxunta!!!)