O noso voluntariado virtual está en marcha!!!
Os diferentes grupos de voluntariado crearon as súas propostas e enviáronas ás entidades para que as desfruten. Agardamos foran do seu agrado!!!
O grupo que colabora co Centro de Reeducación de menores Concepción Arenal, elaborou un caderno de actividades online no que propoñen unha presentacion agochada nunha sopa de letras, acompañada dun encrucillado e algunhas figuras do tangram...
O grupo que colabora con UTACA preparou outro caderno de actividades online, tamén coa súa presentación agochada nunha sopa de letras e o seu tangram pero... neste caso, poñen a proba a memoria... agardamos resulte divertido!
O grupo de "Español para persoas estranxeiras" mandou a súa primeira entrega de "Que aproveche". Se cadra o alumnado do eduardo Pondal xa a está a saborear...