Desde a biblioteca, estivemos a traballar co alumnado de primeiro de Animación Sociocultural e Turística e coa Rede de Servizos de información Xuvenil do Concello da Coruña. Xuntos celebramos o Día Europa da información Xuvenil, e elaboramos os materiais seguintes:
- Presentación "Estratexias para combater a desinformación"
- Poster "Decálogo para combater a desinformación"
O pasado venres 22 de abril, tivemos unha Xornada de Formación conxunta na que compartimos os materiais e unha charla a cargo de Natalia Monje, da ONG Ecos do Sur. Natalia achegounos o traballo realizado desde a experiencia CibeRespect: activismo dixital contra o odio e a desinformación. Foi unha ocasión privilexiada para compartir inquedanzas. Recibimos ademáis un agasallo fermoso: a impresión do noso Decálogo para combater a desinformación, que xa está exposto na biblioteca!!!