O venres 28 de outubro o noso centro encheuse de Samaín!!!
O alumnado de Animación sociocultural e Turística, en colaboración co alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (ordinario, modular e Dual), preparou unha xornada chea de cabazas, xogos e comidas moi terroríficas!!!
A Biblioteca participou nesta celebración aportando os premios e os agasallos para as persoas participantes no concurso de cabazas.
As persoas gañadoras do concurso de cabazas recibiron os seus premios (unha bolsa de algodón serigrafiada co motivo "Nación Mar", unha libretiña, 2 entradas para o cine e un vale por un almorzo na cafetería do noso centro):
- 1º premio: Nerea Caamaño, Alba Amenedo e Paula Vilariño
- 2º premio: Cynthia Mata Diéguez e Tatiana Villa Pereiro
- 3º premio: Sandra González, Mar Freire, Daniel Cardo, Sara Pouso, Lucía Bermejo
As persoas participantes recibiron 2 entradas para o cine.