Vida e máis vida por ler!


Temos novas oportunidades para celebrar a vida!

Este curso 2022_2023 comenzou con tres novas pequenas incorporacións á nosa comunidade educativa:

Damos a benvida a Leo, Miranda e Xoel!!! Son días de felicidade e descubrimentos compartidos para as nosas compañeiras Patricia, Lucía e Isabel; parabéns para elas e as súas familias. 

Tamén son días novos para o noso compañeiro Antonio Rodríguez. Agardamos que a xubilación teña reservadas grandes historias!!!

Para os e as que están a comezar a súa viaxe e... para os que están a descubrir novas etapas... hai "Toda unha vida por ler". Que a desfrutedes!!!