Frecuencia CLT: imos de viaxe coa asesora de Turismo dos Servizos de Información Xuvenil de A Coruña
A última muller en visitar Frecuencia CLT neste mes de marzo foi Marta, a asesora de turismo dos Servizos de información Xuvenil de A Coruña. Con ela alimentamos a nosa fame de ver mundo!!! Achegounos consellos sobre os carnés para a mocidade, os aloxamentos baratos, o Interrail e mesmo as precaucións para non pasar apuros co avión e coa equipaxe. Tamén nos agasallou con algunhas propostas ben interesantes.
E tí, onde vas marchar?