Tres mulleres pegadas ao barrio


 

Este marzo estivo cheo de mulleres nas nosas ondas de Frecuencia CLT. O 8M tievemos con nós a tres mulleres cos seus pés no barrio de Os Rosais, na cidade de A Coruña. 

Con Obdulia falamos da súa experiencia de acondicionamento dalgunhas zonas do barrio para transformalas nun xardín. Da man de Sira, achegámonos a un universo de letras e libros a través do seu traballo na biblioteca municipal do barrio. Por último, deixámonos cautivar polas lebranzas de Rosa Cedrón, pola súa visión do mundo da música e polas alianzas establecidas coas súas compañeiras de profesión.

Grazas as tres por todo o compartido, grazas ao profesorado e ao alumnado participante nesta experiencia!!!