Construíndo dereitos, construíndo igualdade

Con xuño a piques de rematar, desexamos que teñades un fermoso verán, que atopedes moitos camiños por descrubir e que na vosa andaina non esquezades nunca a importancia de construír dereitos, a importancia de camiñar en igualdade. Compartimos con vós unha conversa coas nosas compañeiras Patricia Pena e Llara Mejuto, ambas forman parte do Equipo de Igualdade do noso centro. Nesta ocasión fan camiño con Melisa, Lucía, Andrea e Antía, alumnas dos ciclos de Integración Social e de Animación Sociocultural e Turística. Agardamos que desfrutedes!!!