María José Floriano e o álbum ilustrado como ferramenta para a conexión

 


Onte a nosa biblioteca recibiu a María José Floriano, acompañada dunha chea de fermosos álbumes ilustrados!

A través da  súa voz... e do seu silencio... achegámonos a historias que dan pé a falar, a escribir, a calar e a escoitar. A imaxe e a palabra como ferramentas poderosas para conectar cos demais...

O alumnado de Integración Social escoitou ben atento, e levou consigo tantas  preguntas sen resposta como portas por abrir...

Moitas grazas por unha mañá chea de emocións!