Tempos de volta á escola... e de Toda unha vida por ler!!!

Xa levamos un mes na escola!!! Que rápido pasou o tempo!!! 

Nestes días de setembro, vovemos a ver aos compañeiros e compañeiras. Comezamos o curso dando valor ao importante: recibir e despedir. Dentro do noso Programa "Toda unha vida por Ler", démoslle á benvida a Olivia, a primeira filla do noso compañeiro Diego Abeijón, estamos seguras de que a súa nai e o seu pai estarán a vivir unha chea de días e noites especiais... nas que non faltará un conto...son tempos para desfrutar!.

Tamén tivemos tempos para despedir... desexamos que a nosa compañeira Dolores Yáñez viva intensamente a súa nova etapa, eso si que será outra historia!!!