Para conmemorar o Día do Libro, o Equipo da biblioteca e o EDLG
achegamos unha fermosa actividade dirixida ao profesorado e ao persoal de
administración e servizos do centro: a presentación do libro "As luces dos
libros na cidade do faro", do noso compañeiro Arturo Iglesias, que estivo
acompañado de María Xosé Bravo para amosarnos o Proxecto "A Coruña
Literaria".
"A
Coruña literaria" é un proxecto da Agrupación Cultural Alexandre
Bóveda, un traballo que vai sumando xentes e vontades para poñer un foco
sobre todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e a lectura.
"As
luces dos libros na cidade do faro", é unha publicación cos
debuxos dalgunhas das bibliotecas públicas da cidade realizada por Arturo
Iglesias, con limiar de Manuel Rivas.
Un café acompañado de
boa conversa...