Son días de probas, traballos, peche do trimestre, algo de cansancio e nervos...
Desde hoxe, mércores 27 de novembro, restan exactamente 24 días para o peche desta primeira etapa do curso...
Desde a biblioteca achegamos a nosa propia visión da conta atrás: desde hoxe e ata o 20 de decembro temos un día para pensar en cada grupo do noso centro, e, para cada día, dúas recomendacións para afastarse un pouco do traballo académico! Chegaremos ao 20 de decembro cun desexo para toda a Comunidade Educativa...
Agardamos que desfrutedes da conta atrás! Ánimo para o que queda!!!