Un outubro para soñar: visitas, xogos e maxia da man de Mª José Floriano e Pablo Otero

 Aló vai outubro! Un mes de moita actividade na biblioteca!!!

Rematamos o mes de setembro coa formación do equipo de gardas da biblioteca. Unha chea de compañeiros e compañeiras compartiron café e espazo con nós: achegáronse ao funcionamento e á programación prevista para este curso. Grazas a todas e todos pola vosa implicación!!!


Na primeira semana de outubro, preparamos o noso espazo e recibimos aos grupos de alumnado novo. Animamos a desfrutar do lugar ao seu xeito!!!


O 3 de novembro deixámonos sorprender por Mª José Floriano e Pablo Otero: maxia e creatividade fixeron as delicias do alumnado de Educación Infantil e Animación Sociocultural!!!



E moitos, moitísimos recreos de xogar e xogar!!!