Abrimos a inscrición no noso programa de voluntariado Tempos para contar!!! O Prazo está aberto ata o 18 de decembro incluído.
Poderá
participar o alumnado maior
de idade matriculado
en oferta presencial,
en rexime ordinario, vespertino ou modular, en calquera dos ciclos
ofertados no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto.
Se te animas a participar, isto é o que tes que facer:
1º- Consulta o díptico coa información sobre as entidades participantes e os días e horas nos que se realizarán as actividades. Pensa que o voluntariado realizarase en horario non lectivo.
2º- Poderás solicitar a colaboración cun máximo de tres entidades por orden de prioridade.
3º. Cubre o formulariode inscrición e envíao antes de que remate o prazo.