10ª edición do concurso de fotografía Boca_2 de Realidade!!!

 

 (Foto de Pixabay: https://www.pexels.com/es-es/foto/camara-plegable-negra-al-lado-de-una-bolsa-marron-en-fotos-en-escala-de-grises-36732/)

Convocamos a 10ª edición do noso concurso de fotografía!

Se tes unha causa que reivindicar, este é o teu concurso: tes ata o 6 de novembro ás 16:30 para sorprendernos
Envía a túa fotografía e o teu pé de imaxe, acompañada do formulario de inscrición cuberto e asinado. Non esquezas marcar que aceptas as bases do concurso!!! 
Se a túa foto ten imaxes de persoas que resultan recoñecibles, recorda cubrir tamén o certificado de responsabilidade