viernes, 6 de abril de 2018

Os premios da 3ª edición do Concurso Boca_2 de Realidade son para...

1º Premio: Tatiana Prol Fernández (Alumna de 1º curso do CS de Animación Sociocultural e Turística) "Hai moitas formas de querer, pero a máis bonita, sen dúbida, sempre será coidando o que temos"
2º Premio: Raúl Simón García ( Alumno de Integración Social Modular) Título da Foto: " No nos metamos en eso" Lema da foto: "no nos metamos en eso..." Respuesta de Mariano Rajoy a una pregunta sobre la brecha salarial entre hombres y mujeres.
2º Premio: Leticia Sendón Romero (alumna de 2º de Atención a persoas en Situación de Dependencia) -E a ti, qué che gustaría ser de maior? -Eu? Eu non puiden elixir. Viaxe a Ksar Taakit,Marruecos,2018.

viernes, 9 de marzo de 2018

Exposición Boca_2 de Realidade

Xa están expostos na biblioteca os novos comics que forman parte da guía Boca_2 de Realidade. Agardamos que sexan do voso agrado

martes, 27 de febrero de 2018

3º Concurso Boca_2 de Realidade

De novo convocamos o noso concurso, unha ocasión para deixarnos coa boca aberta cunha foto ou cun vídeo de 60 segundos e gañar ata 300 €
Accede ó formulario de autorización de uso das imaxes Consulta as bases:

sábado, 27 de enero de 2018

TEMPOS PARA CONTAR, xornada formativa para o alumnado voluntario de biblioteca


O xoves 25 de xaneiro tivemos a primeira xornada formativa para o grupo de voluntarios/as da nosa biblioteca. Queremos agradecer moi especialmente a Ana (Mayores SL), Iván (Mayores SL), Diego (Hogar Sor Eusebia) , Niceto (UTACA), Patricia (compañeira do noso centro educativo)e Cecilia (mestra de educación infantil con gran experiencia no mundo do teatro e no ensino da arte dramática) todo o compartido con nós na xornada de onte á tarde. Tamén queremos agradecer moi, moi especialmente a presenza e a implicación do noso grupo de voluntarios/as, sen elas e eles nada de isto podería ser posible, agardamos seguir compartindo con vós Tempos para Contar...

jueves, 30 de noviembre de 2017

Tecendo fíos de infantil...con Ángeles e Isabel

Onte á tarde tivemos o pracer de tecer con fíos moi especiais... fíos cheos de escola e cargados de ilusión por traballar coas crianzas!
Moitísimas grazas a Ángeles e a Isabel por encher a biblioteca de "ganas de boa escola"!